14 Abril 2015, 10:00

http://istoenormal.org/images/543.jpg

MDD/ Outfitting Fossils, con Martín Llavaneras

O artista Martín Llavaneras achega a MICROFÍSICA DO DEBUXO a súa experiencia actual coa litografía nunha charla, seguida dunha acción na que estará acompañado por Rubén Fenice.

En Outfitting Fossils, Martín Llavaneras falará do seu recente traballo arredor da idea da fosilización de discursos e acerca das tecnoloxías que interveñen na súa reprodución. Da man dun mestre artesán e dun grupo de micropaleontólogos, o alumnado manipulará fragmentos de pedras litográficas para observar a presenza de organismos sedimentados hai millóns de anos.

PROGRAMA

12:00 horas – Presentación de Martín Llavaneras e da súa práctica artística en torno a dispositivos vencellados á análise complexa do material, o corporal e as súas tecnoloxías.

12:30/ 14:00 horas – Conversa entre Martín Llavaneras e o litógrafo Rubén Fenice. Actividade práctica con pedras litográficas.

Descanso para o xantar.

16:00/ 18:00 horas – Visita ao laboratorio do Instituto Universitario de Xeoloxía, no Edificio ESCI do Campus de Elviña: introdución á actividade do laboratorio e análise de pedras litográficas.

Álbum de imaxes de Outfitting Fossils.