26 Marzo 2015, 18:00

  • CUBO
http://istoenormal.org/images/539.jpg

MDD/ Proxección de ‘A Skanner Darkly’

Co filme de Richard Linklater dan inicio as actividades paralelas en aberto de MICROFÍSICA DO DEBUXO.

A Skanner Darkly (Unha ollada na escuridade) é a adaptación cinematográfica da novela homónima de ciencia ficción publicada en 1977 por Philip K.Dick. Esta historia autobiográfica está situada nun distópico Orange County (California) e fai un achegamento ao mundo hippie e á cultura das drogas.

O filme foi realizado coa técnica do rotoscopiado, baseada en debuxar sobre imaxes reais filmadas con anterioridade, un método que Linklater xa empregara en Walking Life.

Guión e dirección: Richard Linklater.
Produción: Tommy Pallotta, Anne Walker-McBay, Palmer West, Jonah Smith e Erwin Stoff.
Música: Graham Reynolds.
Dirección de fotografía: Shane F. Kelly.
Montaxe: Sandra Adair.
Reparto: Keanu Reeves, Robert Downey Jr., Woody Harrelson, Winona Ryder, Rory Cochrane
Xénero: ciencia ficción.
País: EEUU.
Ano: 2006.
Duración: 100 minutos.

A entrada é libre até completar a capacidade da sala.