8 Abril 2015, 17:00

  • CUBO
http://istoenormal.org/images/540.jpg

MDD/ Proxección de ‘Police Drawing’

As actividades paralelas da exposición MICROFÍSICA DO DEBUXO continúan coa proxección de Police Drawing, a peza coa que John Baldessari documentou a súa performance homónima.

Este filme é resultado das investigaciones de John Baldessari sobre a natureza da fotografía como evidencia. Police Drawing documenta unha perfomance súa do ano 1971. Baldessari entrou nunha aula de estudantes de arte que nunca o viran antes, colocando unha cámara de vídeo para rexistrar o proceso del entrando e saíndo da sala. A posteriori, un debuxante da policía entra e, baseándose nas testemuñas do alumnado, realiza un retrato do artista.

A entrada é libre até completar a capacidade da sala.