26 Xaneiro 2012, 20:00

  • CUBO de NORMAL
  • Entrada libre e de balde
http://istoenormal.org/images/144.jpg
Donna Deitch, Desert hearts (1985)

Media hora máis contigo (Desert hearts)

No canto de Go fish, coa que tivemos problemas coa copia, proxectamos Media hora máis contigo (Desert Hearts), filme de 1985 dirixido por Donna Deitch.

Este filme sitúase xa, a pesar da cercanía da súa realización, como unha das películas clásicas de temática lésbica e a obvia razón neste caso é que os filmes con esta temática explícita non comezan até os anos da modernidade europea (60-70) –e só nalgúns países.

O filme utiliza con intelixencia e perspicacia os ben (re)coñecidos recursos narrativos e de posta en escena do cinema clásico, nunha película onde os elementos codificados da retórica melodramática aparecen desprovistos do seu papel primordial, neutralizándose o seu uso dominante, para formular unha reflexión oposta á perspectiva consuetudinaria ou conservadora. É, para rematar, unha das primeiras películas de tema lésbico dirixida por unha muller, onde, ao contrario da codificada narrativa de Hollywood clásico, na que cando unha muller saía do seu lugar, era devolta ou morría, nesta o final feliz trocábase tamén en emancipador.