15 Decembro 2016, 20:00

http://istoenormal.org/images/580.png

Metrópoles Delirantes. Radio de portas abertas

Gravación en aberto do podcast especializado en banda deseñada Metrópoles Delirantes, un espazo pioneiro na comunicación galega dirixido e presentado por Nieves Rodríguez e Manu Barreiro. Nesta ocasión, os convidados son Xulio Carballo, Manel Cráneo, Margarita Amor López e Xaquín Marín.

Metrópoles Delirantes é un programa da radio online do programa Campus Culturae da USC, un tempo no que falar de “tebeos” e dar voz a tódolos colectivos relacionados co noveno arte, tanto autores e editores coma libreiros ou ointes. De calquera lugar e en calquera lingua.

Data: xoves 15 de decembro.
Lugar: CUBO de NORMAL.
Horario: 20:00 horas.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 881 014 502 Mail: info@istoenormal.org