5 Xuño 2019, 19:00

http://istoenormal.org/images/730.jpg

Mostra do obradoiro de Videocreación do curso 2018/2019

Do 5 ao 14 de xuño en NORMAL – Inauguración o día 5 ás 19.00 horas.

A imaxe como lugar de xogo e punto de inicio. A posibilidade de reencontrarnos no espazo a través desa linguaxe que tanto consumimos. De collela, trocala, cortala e pregala unha e mil veces. De posicionarnos como corpo, como espectador/a e como mirada.

O obradoiro de Videocreación é un espazo de experimentación. As pezas aquí expostas non conforman un único discurso, non forman parte dunha liña argumentativa correspondente a unha exposición. Son propostas, ­flashes e probas. Un percorrido polo que acompañarnos.

Autoras/es:

Aitor C. Iglesias
Martín Vázquez
Mª Eugenia Cousillas
Clara Presedo
Noelia Uceira
Pablo Otero

Coordina:
Ángeles Díaz Seoane, de Plano Pementa