16 Decembro 2016, 20:00

  • CUBO
http://istoenormal.org/images/582.jpg

Mulleres no deporte: habelas hainas

Mesa redonda organizada polo Observatorio de Igualdad coruñés, no que Helena Roca, Fátima Pose da Silva e Begoña Rodríguez Rumbo falarán sobre a invisibilidade das mulleres no deporte e as dificultades ás que se enfrontan para exercelo.

A miúdo semella que non existen mulleres no mundo do deporte, mais hainas e están aí a triunfar. Entón, que ocorre? Por que a sociedade, en xeral, non ten presentes ás deportistas? Por que non sabe dos atrancos existentes para ser “profesional”? Poden ser profesionais do deporte as mulleres e baixo que parámetros? Arredor destas cuestións falarán as convidadas a esta mesa redonda organizada polo Observatorio de Igualdad, dentro do Proxecto Xuntas: Helena Roca, do CRAT, Fátima Pose da Silva, da asociación MUDEGA e Begoña Rodríguez Rumbo, deputada no Parlamento de Galicia.

Entrada libre até completar a capacidade da sala.