8 Maio 2014, 18:30

http://istoenormal.org/images/429.jpg
DasKapital

NINONINO!/ Esquelas + DasKapital + Miguel Porto

Dúas das bandas de referencia no panorama actual galego, Esquelas e Das Kapital, protagonizan o segundo concerto do ciclo NINONINO!, nunha sesión ilustrada por Miguel Porto.

08 de maio:
ESQUELAS (A Coruña) – 20:30 horas
DAS KAPITAL (Santiago) – 21:30 horas
+ Miguel Porto (Vigo) – Ilustrador

Esquelas son Andrés Satué e Alberto Fernández, artífices da música máis inquietante que xamais saíu de terras galegas. O seu traballo máis recente é o EP Inciso que, en palabras dos músicos, son catro composicións centradas na procura e uso de frecuencias baixas, así como do aspecto máis físico do son. Os seus directos son unha intensa experiencia audiovisual que trata de establecer unha relación entre a negrura do drone e a proxección de imaxes.

Das Kapital constituíronse como célula agit-prop electrónica durante a primeira metade de 2011 en Santiago de Compostela (Galicia). Con Marcos Paino aos mandos electrónicos, Leo Fernández Campos, O Leo, na voz e Daniel Salgado cos sintetizadores dixitais e as letras, ao grupo contribúen ademais David Ageitos (guitarras), Doctor Chou (guitarras e sintetizadores), Tomás Ageitos (controis) e Xosé Carlos Hidalgo (deseño gráfico). Con dous discos publicados, Ruído Negro (2011) e Grecia (2013), Das Kapital é unha das referencias imprescindibles da música popular contemporánea en España.

Entrada libre de público até completar aforo.

NINONINO! é un ciclo organizado por NORMAL e coordinado por SINSALAUDIO.

Imaxes do paso de Esquelas, Das Kapital e Miguel Porto por NORMAL.