25 Abril 2014, 18:30

http://istoenormal.org/images/428.jpg
Puma Pumku

NINONINO!/ Gas Noble + Puma Pumku + Andrés Magán

O debuxante vigués Andrés Magán ilustrará o concerto inaugural do ciclo NINONINO!, onde coñeceremos as últimas propostas dos grupos Gas Noble e Puma Pumku.

25 de abril:
GAS NOBLE (A Coruña) – 20:30 horas
PUMA PUMKU (Santiago) – 21:30 horas
+ Andrés Magán (Vigo) – Ilustrador

Gas Noble é música outlet para a xeración perdida. Alegoría máxima á mutación, o resampleamento e á transformación do son e a imaxe. Música electrónica que non se esquece do bombo e a caixa.

Puma Pumku son un deses grupos capaces de roubarche o corazón desde o primeiro momento. A banda, formada pola batería de Pulpo, a guitarra de Coque, o baixo de Pamper e a voz e guitarra rítmica de Amadeo, posúe un directo imprevisible que flúe e crece até límites insospeitados. Desde Santiago de Compostela, os Puma Pumku suman influencias tan clásicas como as dos primeiros Pink Floyd ou Tame Impala.

Entrada libre de público até completar aforo.

NINONINO! é un ciclo organizado por NORMAL e coordinado por SINSALAUDIO.

Imaxes do paso de Gas Noble, Puma Pumku e Andrés Magán por NORMAL.