16 Maio 2014, 18:30

http://istoenormal.org/images/432.jpg
Korokati

NINONINO!/ Korokati + When Nalda Became Punk + Roque Romero

Korokati e When Nalda Became Punk son os grupos encargados de pechar o ciclo NINONINO! nun último concerto que será ilustrado polo debuxante coruñés Roque Romero.

16 de maio:
KOROKATI (A Coruña) – 20:30 horas
WHEN NALDA BECAME PUNK (Vigo) – 21:30 horas
+ Roque Romero (A Coruña) – Ilustrador

Krkt, é a abreviatura de Korokati, proxecto musical e discursivo nado no ano 2010 a través dunha primeira demo chamada Muerte al Arquitecto. Sintetizadores, secuenciador, guitarra eléctrica e vocoders son os recursos que Roberto Casteleiro (Koroiev, Fagot y Popota, Federico Flesfa) emprega neste proxecto persoal.

When Nalda Became Punk é un grupo pop de Vigo formado por Elena Sestelo, Roberto Cibeira e Antonio Llarena. Tras darse a coñecer cun single na discográfica inglesa Pebble Records (2011), o ano pasado editaron o seu primeiro álbum A farewell to youth para o selo norteamericano Shelflife Records. Ademais, entre outros concertos, tocaron no festival británico Indietracks. En marzo deste ano publicaron Indiepop or Whatever, un EP de catro cancións tamén para Shelflife Records, iniciando os concertos de presentación no Madrid Popfest 2014.

Entrada libre de público até completar aforo.

NINONINO! é un ciclo organizado por NORMAL e coordinado por SINSALAUDIO.

Imaxes do paso de Korokati, When Nalda Became Punk e Roque Romero por NORMAL.