9 Maio 2014, 18:30

http://istoenormal.org/images/430.jpg
Linda Guilala

NINONINO!/ Lady Leño + Linda Guilala + Bernal Prieto

Conversa a tres bandas entre o directo cru de Lady Leño, o pop fresco de Linda Guilala e as ilustracións de Bernal Prieto no penúltimo concerto de NINONINO!

09 de maio:
LADY LEÑO (A Coruña) – 20:30 horas
LINDA GUILALA (Vigo) – 21:30 horas
+ Bernal Prieto (A Coruña) – Ilustrador

Lady Leño son unha banda da Coruña formada a mediados do 2012 por Iago Golpe ás guitarras, Alberto Vázquez á batería e Beatriz Argüelles ao baixo e voz. Caracterízanse polo seu son escuro e visceral, acompañado de letras que, entre outros, tratan a ambigüidade e o misterio da natureza humana (construír vs. fabricar). Directo cru e contundente con reminiscencias punk e influencias do son 80´s que non vos deixarán indiferentes.

Linda Guilala editan no ano 2009 o seu primeiro disco, Bucles Infinitos, unha demostración dun xeito propio de entender o pop, sabendo equilibrar a enerxía xuvenil, a paixón polo pop máis clásico e o tecno-pop. O grupo mantén esa frescura máxima das melodías, na mellor das tradicións da Nova Ola española, como en Alaska e os Pegamoides ou Os Zombies, ademais da paixón polas texturas densas pero cativadoras de grupos como The Charlottes, Lush ou Pale Saints. Agora, en 2014, publican Xeristar, un mini-LP 10” con seis cancións que supón un novo punto e seguido dun dúo que aínda ten moito que contar.

Entrada libre de público até completar aforo.

NINONINO! é un ciclo organizado por NORMAL e coordinado por SINSALAUDIO.

Imaxes do paso de Lady Leño, Linda Guilala e Bernal Prieto por NORMAL.