8 Maio 2014, 09:30

http://istoenormal.org/images/431.jpg

NINONINO!/ Obradoiro familiar

Debuxando as onomatopeas da Coruña é o título deste obradoiro familiar aberto a todos os públicos arredor dos sons da cidade.

A onomatopea é a imitación ou recreación do son de algo no vocábulo que se forma para significalo. Con este obradoiro, primeiro escoitaremos os sons da cidade e, despois, pintarémolos compoñendo o mapa das onomatopeas da Coruña. Obradoiro familiar pensado para todas as idades. Os menores deben estar acompañados dun adulto.

Data: xoves 8 de maio
Horario: de 11:30 a 13:30 horas
Prezo: gratuíto (previa inscrición)

Inscrición:
O prazo de matrícula comprende desde o 23 de abril até o 9 de maio. Pode facerse directamente enviando un correo a actividades@istoenormal.org.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org

NINONINO! é un ciclo organizado por NORMAL e coordinado por SINSALAUDIO.