19 Xullo 2013, 18:00

http://istoenormal.org/images/358.jpg

Non-inauguración de TÉ CON MADALENAS

Despois de meses de traballo, unha festa celebrará o final do work-in-progress coa música de Fran Pérez Narf e unha performance de Palmira Castro e Paulina Funes.

Abrirán a quenda de actuacións Palmira Castro e Paulina Funes coa acción Toma aire. Despois Fran Pérez Narf poñerá a nota musical cun concerto.

Palmira Castro é performer, educadora e dinamizadora social e cultural.

Paulina Funes é unha artista arxentina afincada en Galicia que traballa no campo da performance, a escena e a fotografía.

Fran Pérez Narf é un compositor e intérprete galego que reparte a súa actividade entre o mundo da canción, a composición por encargo e o teatro.

A entrada é libre até completar a capacidade da sala.