13 Febreiro 2012, 19:00

http://istoenormal.org/images/137.jpg

Teatro NORMAL

Ensaios e funcións dun espectáculo de teatro, baixo a dirección de Rubén Ruibal, que representará a Universidade da Coruña en diferentes festivais.

datas Ata maio de 2012
día Luns, mércores e venres de 19:00 a 22:00 horas
curso 120 horas
lugar Aula de Danza de NORMAL
prezo 35 € membros da comunidade universitaria
créditos de libre elección 2

Actividade dirixida exclusivamente a membros da comunidade universitaria (estudantes, PAS e PDI) que superen o proceso de selección.

Rubén Ruibal é o coordinador da Aula de Teatro e Danza da UDC, para alén de director e autor teatral.

Información e matrícula:

Para ser admitido faise unha audición previa.

O prazo de matrícula comprende desde o día 25 de xaneiro até o día 10 de
febreiro.

Nos obradoiros non haberá preinscripción. O solicitante dun obradoiro deberá
recoller a folla de pagamento nas oficinas da Área de Cultura ou en NORMAL, a cal se entregará por rigorosa orde de chegada a fin de formalizar a matrícula. Unha
vez dispoña da folla de pagamento, o solicitante dispón até o día seguinte para
formalizalo e entregar o xustificante de ter pagado o obradoiro. A Área de Cultura dará de baixa e considerará non inscritas ás persoas que non atendan este requisito.

Lugares de matrícula:

Oficina da Área de Cultura da Coruña. Casa do Lagar. Campus de Elviña.

Espazo de Intervención Cultural NORMAL. Paseo de Ronda 47, Campus de Riazor

Podedes aclarar calquera dúbida nas extensións: 1954, 1962 e 4502.