9 Xullo 2013, 15:32

http://istoenormal.org/images/149.jpg

Nova residencia de La Macana

A compañía botará a andar o seu novo proxecto en NORMAL, durante unha estancia que durará até o 31 de xullo.

Axiña compartiremos máis información sobre esta nova creación.

La Macana é unha compañía residente en Galicia. Foi formada no ano 2009 polos creadores e intérpretes Caterina Varela e Alexis Fernández. Con presenza activa nos circuítos profesionais, compaxinan o labor creativo co pedagóxico.