31 Maio 2013, 11:13

http://istoenormal.org/images/351.jpg

Work-in-progress aberto de TÉ CON MADALENAS

O pasado 3 de xuño comezou o proceso de montaxe e creación, o work-in-progress do novo proxecto de NORMAL, que será totalmente público.

No horario de apertura habitual da sala, de 11 a 22 horas, os visitantes poderán observar, libre e gratuitamente, o día a día da montaxe e ver como evoluciona a exposición. Un proceso de construción que rematará o 19 de xullo ás 20 horas, coa “non inauguración” que celebrará o final do work-in-progress.