8 Maio 2012, 10:42

http://istoenormal.org/images/196.jpg

O FITEUC 2012 leva o teatro ao centro penitenciario de Teixeiro

O grupo de teatro da Universidade da Coruña, Teatro NORMAL, actuará o 12 de maio, ás 11.00, no centro penitenciario de Teixeiro.

Trátase dunha actividade organizada en colaboración coa Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC. Teatro NORMAL presentará a obra Nosa Señora das Nubes, de Arístides Vargas, baixo a dirección de Rubén Ruibal.

Alén de ser esta a primeira vez que o grupo actúa nese centro, é unha oportunidade de facer aínda máis real a aposta de NORMAL por unha cultura aberta e transformadora, crítica e aberta a toda a sociedade.