30 Marzo 2017, 20:30

http://istoenormal.org/images/603.jpg
Fotografía de Iván Casal

O home do saco

DÍAS 28, 29 E 30 DE MARZO
AULA DE TEATRO NORMAL DA UDC
ESPAZO DE INTERVENCION CULTURAL NORMAL

(Seis pezas breves)
(A pel, Amarelo, A muller da miña vida, Mulleres na cornixa, A mala imaxe e Inocencia)
de Juan Mayorga.

A importancia dun cadro non se mide pola cantidade de parede que ocupa, senón pola forza coa que tensiona esa parede. A dunha escultura ou a dunha composición musical, pola súa capacidade de dar plenitude ó espazo ou ó tempo, alén do que ese espazo ou ese tempo midan. Tampouco o valor dunha obra teatral depende da súa extensión, senón da súa intensidade. Depende da súa capacidade para recoller e transmitir experiencia. Da xenerosidade con que enriqueza en experiencia ós seus espectadores.

Cada un dos textos que constitúen este “Teatro para minutos” quere ser xulgado non como esbozo ou boceto dun texto máis amplo, e moito menos como os restos dun longo texto fallido. Cada unha destas pezas quere ser lida como unha obra completa. Isto non exclúe que un lector ou unha posta en escena descubran pasadizos que comuniquen unhas pezas con outras. Se cadra algún deses pasadizos entre textos sexan menos secretos para o lector que para quen os escribiu. Ó cabo, un texto sempre sabe cousas que o seu autor descoñece.

(Prólogo de “Teatro para minutos” escrito por Juan Mayorga)

REPARTO
Alberte Pérez Rodríguez Puime
Alberto Mariño
André Gálkina Tahoces
Cristina R. Pereira
Elena Meizoso
Irene Riveiro
Jesús M. Casas
Mélani Corral

FICHA TÉCNICA
Dirección: Rubén Ruibal
Axudante de dirección: Diego Franqueira Docampo
Xefa de produción: Laura Mariño Sánchez
Iluminación: Afonso Castro
Espazo escénico, vestiario, atrezzo, deseño cartelería e asistencia en xira: Iván Casal Nieto
Espazo sonoro: Erik Cachuzo
Agradecementos: Corifeo Teatro