19 Febreiro 2013, 19:00

http://istoenormal.org/images/253.jpg

O ollo da Arte 2

A segunda parte de O ollo da arte está formulada para todas aquelas persoas que realizaron a primeira parte e queiran seguir afondando no terreo artístico.

Neste segundo módulo ampliaranse conceptos, exporase nova materia e ofrecerase a posibilidade de desenvolver unha vía de traballo artística personalizada e dirixida para cada participante.

Pódese coñecer o universo de O ollo da Arte a través deste vídeo…

O curso é impartido por Antía Otero, escritora, creadora e actriz. É licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Historia e Estética do Cinema pola Universidade de Valladolid e Máster en Práctica Escénica e Cultura Visual de Artea, Universidade de Alcalá e Reina Sofía. Como poeta é autora de O Son da Xordeira (2003) e RetroVisor (2010). No campo da creación escénica traballa a partir dun código híbrido entre diferentes disciplinas artísticas, creando propostas personais con textos propios.

Datas: todos os martes entre o 19 de febreiro e o 4 de xuño.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas (30 horas en total).
Lugar: aula de obradoiros de NORMAL.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula) / 55€ público xeral (45€ en segunda matrícula)
Créditos solicitados: 2 créditos libre elección (plans antigos), 1 crédito recoñecemento (plans novos)
Participantes: máximo 15 persoas

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o día 30 de xaneiro até o 15 de febreiro. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña, seguindo estas instrucións:
• autentique a súa identidade
• prema na lapela de “actividades”
• elixa o obradoiro no que quere inscribirse
• prema en “ver máis”
• siga a ligazón “inscrición”
• seleccione o xeito de pagamento e confirme

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org
Área de Cultura. Casa do Lagar, Campus de Elviña, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensións 1954 e 1962 Mail: cultura.coruna@udc.es