22 Febreiro 2016, 18:00

http://istoenormal.org/images/552.jpg
Imaxe: Louise Bourgeois

O ollo da Arte. Laboratorio

O ollo da Arte. Laboratorio é un laboratorio de creación que está pensado para aprender facendo.

Por iso se tes unha idea, un proxecto artístico no que leves tempo pensando, un bosquexo que che bule na cabeza e queres participar nun proceso compartido entre máis persoas con inquietudes comúns, ou se non tes nada pensado pero posúes inquietudes artísticas, ganas de deixarte levar e aprender dos demáis e da deriva, O ollo da arte está aberto para ti.

Empregando a práctica, ferramentas que nos axuden a colocarnos na propia experiencia artística, xerando dinámicas de grupo nas que tod@s sexamos creadoras e espectadores a un tempo e marcando un plan de traballo, dende a primeira xornada teremos a oportunidade de colocarnos na pel d@ outr@ e de acompañarnos nos procesos partindo dunha vía de traballo personalizada para cada participante.

Ao longo do laboratorio teremos a visita de dous creadores que traballen en activo e que se achegarán a Normal para compartir co alumnado as súas experiencias, guiar os proxectos e aportar novas ferramentas.

O laboratorio é impartido por Antía Otero. É licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Historia e Estética do Cinema pola Universidade de Valladolid e Máster en Práctica Escénica e Cultura Visual de Artea, pola Universidade de Alcalá e o Reina Sofía. Como poeta é autora de O Son da Xordeira (2003) e RetroVisor (2010). No campo da creación escénica traballa a partir dun código híbrido entre diferentes disciplinas artísticas, creando propostas personais con textos propios. Imparte obradoiros artísticos e de escrita e na actualidade forma parte de varios colectivos de creación. Apiario é o selo cultural e editorial que codirixe.

Datas: todos os luns entre o 22 de febreiro e o 30 de maio de 2016.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas (30 horas en total).
Lugar: Aula Circular de NORMAL.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula) / 45€ persoas desempregadas ou cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. (35 € en segunda matrícula) / 65€ público xeral (55€ en segunda matrícula)
Participantes: máximo 15 persoas

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o 28 de xaneiro e o 11 de febreiro de 2016. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.
As incidencias da matrícula en liña nos obradoiros, serán atendidas no correo info@istoenormal.org ou no teléfono 881 014 502 en quenda de mañá.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 881 014 502 Mail: info@istoenormal.org