23 Febreiro 2015, 18:00

http://istoenormal.org/images/527.jpg

O ollo da Arte II

Obradoiro de creación artística contemporánea onde coñecer, descubrir e valorar o feito contemporáneo e a creación actual a través dunha mirada propia.

Obxectivos:

- Presenciar
– Escoitar
– Poñerse na pel do outr@
– Materializar
– A deriva

Contidos:

- A mochila

- Poñer en valor

- Colocarnos na pel d* outr*

- A construcción

- A arquitectura do dispositivo

- Facer e refacer, entre os pilares e a chimenea

- A mostra

- A valoración

Se che interesa a arte, se tes unha idea, un proxecto artístico no que leves tempo pensando, un bosquexo que che bule na cabeza… e queres participar nun proceso compartido entre máis persoas con inquietudes comúns… ou se non tes nada pensado, pero sintes ganas de aprender e compartir, de descubrir deixándote levar polo proceso e a deriva…. O ollo da arte II é un laboratorio de creación que está pensado para iso.

Ao longo dos anos, O ollo da arte foise enchendo de xente interesada na literatura, na fotografía, nas artes escénicas, na arte urbana, na música, na arquitectura ou no cinema. *s participantes neste obradoiro son *s verdadeir*s protagonistas, poñendo en valor os seus intereses e abríndose cara outros campos máis descoñecidos.

Empregando a práctica, ferramentas que nos axuden a colocarnos na propia experiencia artística, xerando dinámicas de grupo nas que tod@s sexamos creadoras e espectadores a un tempo e marcando un plan de traballo, dende a primeira xornada teremos a oportunidade de colocarnos na pel d@ outr@ e de acompañarnos nos procesos partindo dunha vía de traballo personalizada para cada participante.

Ao longo do laboratorio teremos a visita de dous creadores que traballen en activo e que se achegarán a NORMAL para compartir co alumnado as súas experiencias, guiaros proxectos e aportar novas ferramentas.

Metodoloxía: As sesións estarán organizadas en partes teóricas e prácticas, lecturas compartidas, debates e mostras contínuas dos procesos.

O curso é impartido por Antía Otero, escritora, creadora e actriz. É licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Historia e Estética do Cinema pola Universidade de Valladolid e Máster en Práctica Escénica e Cultura Visual de Artea, pola Universidade de Alcalá e o Reina Sofía. Como poeta é autora de O Son da Xordeira (2003) e RetroVisor (2010). No campo da creación escénica traballa a partir dun código híbrido entre diferentes disciplinas artísticas, creando propostas personais con textos propios. Imparte obradoiros artísticos e de escrita e na actualidade forma parte de varios colectivos de creación e do proxecto cultural Apiario.

Datas: todos os luns entre o 23 de febreiro e o 8 de xuño de 2015.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas (30 horas en total).
Lugar: aula circular de NORMAL.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula), persoas desempregadas e xubiladas / 55€ público xeral (45€ en segunda matrícula)
Créditos solicitados: 2 créditos libre elección (plans antigos), 1 crédito recoñecemento (plans novos)
Participantes: máximo 15 persoas.

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o 2 até o 16 de febreiro de 2015. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org