12 Mar, 19:00
Percorrer o OLLO DA ARTE I
arte obradoiroObradoiro onde coñecer, descubrir e valorar o feito contemporáneo e a creación artística actual a través dunha mirada propia.
No “ollo da arte” percorreranse (valéndonos de nocións teóricas e propostas prácticas) os novos comportamentos artísticos, motivando que os participantes propoñan e fagan visibles as súas propias ideas, así como o traballo e o debate en grupo.
A través deste vídeo pódese entrar no OLLO DA ARTE…
| datas | Entre o 12 de marzo e o 2 de xullo |
| día | Todos os luns das 19:00 ás 21:00 horas |
| lugar | Aula de obradoiros de NORMAL |
| prezo | 35 € membros da comunidade universitaria (25 € en segunda matrícula), 55 € público xeral, (45 € en segunda matrícula) |
| créditos de libre elección | 2 |
Antía Otero é licenciada en Historia da Arte, creadora, actriz, escritora e docente na Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto.
Matrícula:
O prazo de matrícula comprende desde o 25 de xaneiro até o 12 de marzo. Non hai preinscrición e a matrícula formalizarase por orde de chegada.
Para constar entre os matriculados, os usuarios deberán entregar o xustificante de pagamento dentro do prazo indicado polo persoal do servizo.
Máis información en:
NORMAL Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org
Área de Cultura. Casa do Lagar, Campus de Elviña, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensións 1954 e 1962 Mail: cultura.coruna@udc.es
