1 Febreiro 2012, 19:00

http://istoenormal.org/images/132.jpg

O poder das imaxes

Neste obradoiro analizarase a linguaxe audiovisual contemporánea, co fin de chamar a atención sobre o poder que a imaxe ostenta sobre a palabra escrita. Así mesmo, preténdese constatar de que xeito chegan as imaxes ao noso cerebro e son analizadas.

Para iso estudaranse varias áreas que van desde as distintas tipoloxías de traballos audiovisuais, ata as fórmulas de manipulación da imaxe para conseguir o efecto emotivo desexado.

A) Tipoloxía de formatos, historia, tipoloxía e casos de éxito: vídeo arte, vídeo experimental, ficción (longametraxes e curtametraxes), videoclip e publicidade.

B) Compoñentes visuais básicos: descrición, uso e control. Análise da manipulación da imaxe para conseguir que a audiencia perciba o que nós queiramos. Principio de contraste e afinidade. Espazo (os subcompoñentes e o fotograma). Liña e forma. Brillo. Cor. Movemento. Ritmo. Historia e estrutura visual.

C) Técnica necesaria para elaborar unha peza de vídeo.

datas Entre o 1 de febreiro e o 21 de marzo
día Todos os mércores das 19:00 ás 21:30 horas
lugar Aula de obradoiros de NORMAL
prezo 25€ membros da comunidade universitaria, 40€ público xeral

O taller será impartido por Fátima Carmena, profesional do sector audiovisual que exerce internacionalmente os labores de directora de fotografía. Sendo polo tanto coñecedora do proceso de elaboración da imaxe para conseguir un efecto emocional sobre a audiencia, con fins narrativos, publicitarios, documentais, de entretemento ou de reflexión. Nos últimos tempos explora a relación entre a produción e a distribución de contidos videográficos coas redes sociais e internet.

http://fatimacarmena.com

Información e matrícula:

O prazo de matrícula comprende desde o día 20 de xaneiro até o día 30 de
xaneiro.

Nos obradoiros non haberá preinscripción. O solicitante dun obradoiro deberá
recoller a folla de pagamento nas oficinas da Área de Cultura ou en NORMAL, a cal se entregará por rigorosa orde de chegada a fin de formalizar a matrícula. Unha
vez dispoña da folla de pagamento, o solicitante dispón até o día seguinte para
formalizalo e entregar o xustificante de ter pagado o obradoiro. A Área de Cultura dará de baixa e considerará non inscritas ás persoas que non atendan este requisito.

Lugares de matrícula:

Oficina da Área de Cultura da Coruña. Casa do Lagar. Campus de Elviña.

Espazo de Intervención Cultural NORMAL. Paseo de Ronda 47, Campus de Riazor

Podedes aclarar calquera dúbida nas extensións: 1954, 1962 e 4502.