2 Outubro 2012, 09:33

http://istoenormal.org/images/264.jpg

O proxecto FUME, premio INJUVE 2012

O Instituto de la Juventud vén de outorgar o Premio á Creación Escénica 2012 a FUME, nacido durante unha residencia artística en NORMAL.

A equipa de FUME, con Ánxela Blanco á cabeza, está de noraboa. O Instituto de la Juventud, pertencente ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, concedeu o Premio á Creación Escénica 2012 a esta creación vangardista.

Este proxecto de artes escénicas ocupou a sala ALMACÉN de NORMAL para afondar no proceso de creación, logo de dúas residencias artísticas na Fundación Luís Seoane e na Asociación Cultural Manicómicos, ambas as dúas no marco dos proxectos de investigación coreográfica do Centro Coreográfico Galego.

Así mesmo, FUME foi estreado en NORMAL, dentro da súa aposta por apoiar propostas de creación artística contemporánea.