9 Xullo 2019, 10:00

http://istoenormal.org/images/736.jpg

Obradoiro Antes Collado - Crisálida

Obradoiro para persoas interesadas no movemento e nas artes marciais: 9, 10 e 11 de xullo de 10 a 13 horas en Normal, A Coruña.

Para asistir ao obradoiro é necesario que vos incribades a través do correo: rpmcolectivo@gmail.com

Dentro do período de ensaios que a compañía realizará en Normal, ábrese o proceso de creación a persoas interesadas tanto no movemento como nas artes marciais (con especial interese a profesionais e estudantes de Jiu-jitsu). A idea é a de compartir o espazo-tempo e interferir na relación co movemento propia entre persoas con distintas bagaxes.

Mostras abertas 22 e 23 de xullo ás 17 horas no Teatro Colón

Dentro da colaboración co Teatro Colón, achéganse ao público dúas mostras abertas do proceso de creación que se desenvolveu na cidade. Nelas, poderemos gozar do froito das tres semanas de residencia na cidade e compartir coa compañía as chaves do proceso nun coloquio posterior no teatro.