16 Xullo 2012, 17:00

http://istoenormal.org/images/232.jpg

Obradoiro: CODECO by ESFEROBITE

Dentro de Poñer cousas en orde, Belén Montero e Juan Lesta ofrécennos o seu obradoiro de analoxización de iconas animadas.

Realización dun taller de catro días (3 horas cada día) para xente nova ou adultos.

Día 1: presentación do obradoiro, explicación codeco, conceptos básicos dixitais, exemplos de analoxización, presentación de iconas clásicas, o gif animado.

Día 2: analoxización personalizada das iconas escollidas por cada alumno, elección da técnica e preparación de materiais. Probas.

Días 3 e 4: realización de iconas animadas físicas.
Poderanse utilizar distintas técnicas: punto de cruz, pintura ao óleo ou acrílico, mosaico, xogos de mesa… En calquera caso, estes materiais traeraos o alumnado.

Realizarase un dossier de todo o proceso que estará dispoñible en codeco.org. Daranse certificacións oficiais Codeco.

Participantes: Máximo 15 persoas.

datas Do luns 16 de xullo ao xoves 19 de xullo de 2012
horario Das 17:00 ás 20:00 horas (12 horas en total)
lugar NORMAL
prezo 20€ membros da comunidade universitaria; 30€ público xeral

Esferobite son Belén Montero e Juan Lesta. Directores, produtores e creativos audiovisuais. Dirixiron a súa actividade cara ao videoclip, videocreación, multimedia, instalación e vídeo en directo, pola cal obtiveron diversos premios e mencións de carácter nacional e internacional.
Realizaron videoclips entre outros para Fangoria, Astrud, La buena vida, Catty Claret, Alma-X… Produciron pezas de videocreación, entre outros para a Muestra INJUVE, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a Fundación Luís Seoane, o Museo do Mar de Galicia, Hangar ou Caixa Galicia. Expuxeron os seus traballos no CGAC, en La Capella, na Fundación Luís Seoane ou no Musée Pompidou-Metz, entre outros. Posúen pezas nas coleccións de: CGAC, Artium-Injuve, Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e Deputación da Coruña.
Desde o 2002 imparten aulas de audiovisual en diferentes centros de Barcelona.

Matrícula:
O prazo de matrícula comprende desde o 11 de xuño até o 13 de xullo. Non hai preinscrición e a matrícula formalizarase por orde de chegada. Para constar entre as matriculadas, as persoas usuarias deberán entregar o xustificante de pagamento dentro do prazo indicado polo persoal do servizo.

Máis información en:
NORMAL Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
Tel.: 981 167 000, extensión 4502, correo electrónico: info@istoenormal.org

Área de Cultura. Casa do Lagar, campus de Elviña, A Coruña.
Tel: 981 167 000, extensións 1954 e 1962, correo electrónico: cultura.coruna@udc.es