23 Setembro 2013, 14:30

Obradoiro de animación coa paleta gráfica codeco
audiovisual cursoObradoiro de aprendizaxe da paleta gráfica codeco, coa que realizar unha animación stop-motion cunha técnica única que nos permitirá mover os píxeles (magnetopíxeles) coas nosas propias mans.
A paleta gráfica codeco forma parte do proxecto codeco, no que conceptos dixitais vólvense realidade para ser tanxibles e, neste caso, pódense tocar coas mans. O obxectivo principal deste obradoiro é realizar totalmente unha peza de animación stop-motion aplicando este sistema. Imparten o curso Juan Lesta e Belén Montero, con ampla experiencia no audivisual, tanto en traballos profesionais como en docencia audiovisual.
CONTIDOS:
- Breve introdución ao stop-motion.
- Presentación do sistema paleta gráfica codeco, análise de posibilidades e visionado de vídeos de exemplo.
- Presentación, desenvolvemento e planificación da idea a traballar.
- A carta de rodaxe de animación.
- Análise do story-board.
- Reparto de tarefas.
- Planificación de rodaxe.
- Sonorización.
- Posprodución, masterización e presentación do resultado final.
Datas: | do 23 ao 26 de setembro de 2013 |
Horario: | de 16:30 a 19:30 horas (12 horas en total) |
Lugar: | Aula de obradoiros de NORMAL |
Prezo: | 10€ |
Destinatarios: | Persoas interesadas no mundo da animación (desde 14 anos). |
Participantes: | máximo 20 persoas |
O prazo de matrícula comprende desde o día 18 de setembro até completar prazas, por rigurosa orde de chegada.
Información e martícula en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org