31 Marzo 2014, 14:30

http://istoenormal.org/images/418.jpg

Obradoiro de paleta gráfica Codeco

Se che gusta o mundo da animación e queres descubrir novas formas de crear imaxes en movemento de forma artesanal, seguro que che interesa este obradoiro de animación con paleta gráfica Codeco.

A paleta gráfica codeco forma parte do proxecto codeco, no que conceptos dixitais vólvense realidade para ser tanxibles e, neste caso, pódense tocar coas mans. O obxectivo principal deste obradoiro é realizar totalmente unha peza de animación stop-motion aplicando este sistema. Imparten o curso Juan Lesta e Belén Montero, con ampla experiencia no audivisual, tanto en traballos profesionais como en docencia audiovisual.

CONTIDOS:

- Breve introdución ao stop-motion.

- Presentación do sistema paleta gráfica codeco, análise de posibilidades e visionado de vídeos de exemplo.

- Presentación, desenvolvemento e planificación da idea a traballar.

- A carta de rodaxe de animación.

- Análise do story-board.

- Reparto de tarefas.

- Planificación de rodaxe.

- Sonorización.

- Posprodución, masterización e presentación do resultado final.

Datas: do 31 de marzo ao 3 de abril de 2014
Horario: de 16:30 a 19:30 horas (12 horas en total)
Lugar: Aula de obradoiros de NORMAL
Prezo: 10€
Destinatarios: Persoas interesadas no mundo da animación (desde 14 anos).
Participantes: máximo 20 persoas

O cupo de participantes xa está cuberto. Con todo, as persoas interesadas poden dirixirse a info@istoenormal.org por se houber algunha baixa.

Información e martícula en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org