2 Febreiro 2019, 17:00

http://istoenormal.org/images/684.jpg

Obradoiro-jam session.- Contact Improvisation (CI) Intro: Danza e conversa dos corpos creativos

Ciclo de obradoiros prácticos e jam sessions de contacto improvisación (CI)

Nesta ocasión o invitado será Juan Cid, coreógrafo e ex-bailarín da Compañía Nacional de Danza Contemporánea de Arxentina. Ensina actualmente CI en A Artística, Vigo.

Mover a experiencia corporal, explorar espazos dispoñibles, encontro de corpos, sensación de peso, a continuidade, a consciencia corporal e o desenvolvemento da acción creativa.

Contidos:

  • Investigación e busca de dispoñibilidade noutro corpo.
  • Rol pasivo vs. rol activo, mover e ser movid@ (diálogos corporais).
  • Exercicios mecánicos de resistencia, entrega, agarres e contrapeso.)
  • Relación e interpretación do espazo de improvisación e xestión temporal: a jam de CI

Data: 2 de febreiro de 2018.
Horario: 17:00 a 20:00 horas.
Lugar: AULA DE DANZA de NORMAL.

O peche de portas de Normal será ás 16:45 horas

É precisa inscrición previa no enderezo electrónico: cultura.coruna@udc.es. As prazas son limitadas e de balde e non é preciso ter experiencia previa.

Organiza Contact.Coruna
Co-organiza Normal