31 Xaneiro 2014, 08:24

http://istoenormal.org/images/298.jpg

Obradoiros creativos no 2º cuadimestre

Ábrese o prazo de matrícula nos cursos e obradoiros da segunda metade do ano lectivo. A oferta inclúe cursos de Arte, Literatura, Fotografía, Teatro e Danza.

As actividades comezarán a mediados de febreiro e estenderanse durante todo o segundo cuadrimestre até o remate do curso académico. Todas as persoas interesadas poderán efectuar a matrícula en liña entre o 1 e o 15 de febreiro.

OBRADOIROS

O ollo da Arte II
Se tes unha idea, un proxecto artístico no que leves tempo pensando, un bosquexo que che bule na cabeza… e queres participar nun proceso compartido entre máis persoas con inquietudes comúns… ou se non tes nada pensado, pero posúes inquietudes artísticas e ganas de deixarte levar polo proceso e a deriva…. O ollo da arte II é un laboratorio de creación que está pensado para iso.

Laboratorio das letras
Obradoiro literario/artístico que tratará de achegar os partipantes ao entramado literario dende unha visión actual e contemporánea a través da teoría e a práctica.

Aprender a mirar: iniciación á Fotografía
Curso de iniciación á fotografía que pretende achegar o alumnado ao feito fotográfico, vendo a súa relación coas outras artes (cine, pintura, literatura).

Aprender a fotografar: perfeccionamento en Fotografía
Curso de perfeccionamento da técnica fotográfica no que se aprenderá a manexar diversas cámaras fotográficas, desde unha estenopeica até unha SLR (réflex) dixital.

CURSOS DE TEATRO E DANZA

Teatro Sénior
Curso teatral dirixido ao alumnado sénior onde se pretende facer un achegamento ao teatro e á expresión dramática dun xeito lúdico e creativo.

Iniciación ao Teatro
Curso práctico dirixido especialmente a persoas que se inician na interpretación teatral ou teñen pouca experiencia.

Iniciación á Danza Contemporánea
Curso de iniciación á danza contemporánea impartido por Rut Balbís onde desenvolver os principios básicos da disciplina.