24 Febreiro 2015, 18:00

http://istoenormal.org/images/532.jpg

Palabras na rede

Palabras na rede é un obradoiro que propicia un espazo e un momento para ver en común e traballar contidos en soporte dixital, con especial incidencia na literatura online.

Concibido como unha primeira introdución a textos en rede, vai orientado a persoas con curiosidade nese eido, con competencias básicas de internet, que queiran abrir un blog, tumblr ou, simplemente, coñecer outras fórmulas literarias.

Obxectivos:

- Ver a rede como un grande colector de textos, mais tamén como un xerador de contidos.

- Aprender a crear e personalizar un blog propio [wordpress].

- Rede social: twitter como ferramenta de comunicación, espallamento e creación de textos mínimos.

- Literatura dixital: revistas, curators, novos soportes de poesía e relato.

Contidos:

O obradoiro consistirá na introdución aos contidos en web,con especial atención aos contidos literarios dixitais e ás ferramentas que fornece a rede para desenvolver a escrita neste contexto.

Imparte este curso Estíbaliz Espinosa, que é escritora e músico. Licenciada en Socioloxía e en Filoloxía Hispánica pola UDC. Publicou varios libros de poemas en galego, con interese polos vasos comunicantes entre literatura e ciencia. Publica poemas, artigos e contos en diferentes medios galegos e españois, ademais de dar aulas relacionadas coa lingua e a comunicación.

Organizou Pinte un bisonte na caverna, por favor [encontros sobre arte, blogs e novas tecnoloxías] e espectáculos como Cantos dende a marxe, aunando música e literatura, ou Escrito no ceo, sobre astronomía e literatura. Imparte obradoiros de escrita creativa e de literatura dixital.

Datas: todos os martes entre o 24 de febreiro e o 9 de xuño de 2015.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas (30 horas en total).
Lugar: Aula Net da Universidade Sénior.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula), persoas desempregadas e xubiladas / 55€ público xeral (45€ en segunda matrícula)
Créditos solicitados: 2 créditos libre elección (plans antigos), 1 crédito recoñecemento (plans novos)
Participantes: máximo 20 persoas.

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o 2 até o 16 de febreiro de 2015. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org