20 Decembro 2013, 18:00

  • CUBO
http://istoenormal.org/images/392.jpg
Paris is burning, de Jennie Livinsgton

Paris is burning: "Se non podo bailar, non quero tomar parte na túa revolución".

Manuel Segade, comisario de As tácticas do adversario, presenta no CUBO unha proxección comentada do filme de Jennie Livingston, nun pase especial aberto ao público.

Paris is burning) é un documental, xa mítico, sobre a historia dos clubs de voguing en Nova York a finais dos anos 80. Este mundo dentro dun mundo, filmado pola directora Jennie Livingston en 1991, resulta inmediatamente familiar e reproduce, nunha comunidade hispana, negra e homosexual, os desexos e ambicións da propia América. O filme explora asuntos como o racismo, a homofobia, a SIDA, nun retrato íntimo dunha comunidade urbana reunida no seu circuíto de bares propio, onde se mesturan a moda, o estatus e o baile nunha reversión das regras sociais do resto da cidade, nunha afirmación da comunidade, doutros modos de relación amorosa, da aceptación e da alegría.

A entrada é libre até completar a capacidade da sala.

FICHA TÉCNICA
Directora: Jennie Livingston
Produtora: Jennie Livingston
Fotografía: Paul Gibson
Montaxe: Jonathan Oppenheim
Duración: 78 minutos
País: Estados Unidos
Ano: 1991
Elenco: Dorian Corey, Pepper LaBeija, Willi Ninja, Octavia St. Laurent, Angie Xtravaganza, Venus Xtravaganza, Sol Pendavis, Freddie Pendavis, Kim Pendavis…