13 Marzo 2012, 19:00

http://istoenormal.org/images/141.jpg
Paulette Philips

Percorrer o OLLO DA ARTE II

A segunda parte de “O ollo da arte” está formulada para que todas aquelas persoas que realizasen a primeira parte e queiran seguir afondando no terreo artístico.

Neste segundo módulo ampliaranse conceptos, exporase nova materia e ofrecerase a posibilidade de desenvolver unha vía de traballo artística personalizada e dirixida para cada participante.

A través deste vídeo pódese entrar no OLLO DA ARTE

datas Entre o 13 de marzo e o 3 de xullo
día Todos os martes das 19:00 ás 21:00 horas
lugar Aula de obradoiros de NORMAL
prezo 35 € membros da comunidade universitaria (25 € en segunda matrícula), 55 € público xeral (45 € en segunda matrícula)
créditos de libre elección 2

Antía Otero é licenciada en Historia da Arte, creadora, actriz, escritora e docente na Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto.

Matrícula:
O prazo de matrícula comprende desde o 25 de xaneiro até o 13 de marzo. Non hai preinscrición e a matrícula formalizarase por orde de chegada.
Para constar entre os matriculados, os usuarios deberán entregar o xustificante de pagamento dentro do prazo indicado polo persoal do servizo.

Máis información en:
NORMAL Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org
Área de Cultura. Casa do Lagar, Campus de Elviña, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensións 1954 e 1962 Mail: cultura.coruna@udc.es