7 Xullo 2011, 20:00

http://istoenormal.org/images/81.jpg

Polaqia

Coloquio sobre a traxectoria do colectivo Polaqia, desde o seu nacemento en 2001 até a súa próxima disolución en decembro deste ano 2011.

Os relatores serán Bernal Prieto un dos membros fundadores do colectivo, Brais Rodríguez un dos máis veteranos non fundadores do colectivo e José Domingo o máis novo en canto a pertenza ao grupo, mais un dos máis activos.

Xuntando as súas tres visións agardamos realizar unha panorámica o máis completa posible do que foron estes dez anos de actividade de Polaqia.

Moderará o coloquio Henrique Torreiro, persoeiro importante e indispensable da BD galega e unha das cabezas visibles das Xornadas de BD de Ourense, as máis antigas de Galicia, e unhas das de maior percorrido do Estado.