21 Setembro 2015, 14:00

  • CUBO
http://istoenormal.org/images/550.jpg

Políticas de integración de imigrantes: debates sobre a xestión de alteridade

Entre o 21 e o 25 de setembro, NORMAL acolle as sesións deste curso de verán organizado pola UDC que tratará os principais debates actuais sobre a integración das persoas emigrantes nas sociedades occidentais.

O curso fai un especial fincapé nas posibles políticas públicas que poidan desenvolverse para intentar conseguir unha sociedade cohesionada. En cada unha das tardes trataranse cinco eixos temáticos de traballo ou debate cultural sobre a integración da poboación estranxeira, a xestión da diversidade relixiosa, as políticas educativas de integración da diversidade, as políticas públicas vencelladas ás migracións femininas e, finalmente, ás cuestións relativas ás migracións e aos dereitos humanos.

PROGRAMA:

LUNS 21 DE SETEMBRO: O DEBATE CULTURAL DAS POLÍTICAS DE INTEGRACIÓN.
16:00h: Benvida e entrega de materias. Presentación do Curso de Verán a cargo da Sra. Vicerreitora de Estudantes, Deportes e Cultura da Universidade da Coruña, e da directora e secretaria do curso de verán.
16:15-18:00h: CONFERENCIA INAUGURAL. Heriberto Cairo Carou [Decano da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid]: ¿Cómo superar a colonialidade? O imperio e os inmigrantes.
18:15-20:00h: CONFERENCIA. Rosa Cobo Bedía (Profesora Titular de Socioloxía na Universidade da Coruña): A perspectiva feminista e o debate co multiculturalismo.

MARTES 22 DE SETEMBRO: O DEBATE CULTURAL DAS POLÍTICAS DE INTEGRACIÓN
16:00-18:00h. CONFERENCIA. Luzia Oca González (Profesora de Antropoloxía na Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, Portugal): A desconstrución do mito da perfecta integración. Caboverdianas en Burela: integradas ou asimiladas?

MARTES, 22 DE SETEMBRO: DO DIÁLOGO OCCIDENTALIZANTE Á ISLAMOFOBIA.
18:00-20:00h: CONFERENCIA. Pendente de confirmar ponente: La imagen del las personas musulmanas en España: ¿construyendo la islamofobia?.

MÉRCORES 23 DE SETEMBRO: AS POLÍTICAS EDUCATIVAS DE INTEGRACIÓN DA DIVERSIDADE.
16:00-18:30h: Mesa Redonda. Renée DePalma Ungaro (Profesora no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña); Verónica Verdía Varela (Investigadora-Contratada na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña) e Laura Rodríguez Salgado (Doutoranda na Facultade de Filoloxía e Traducción da Universidade de Vigo): O mantemento lingüístico nas persoas migrantes en Galicia.
18:30-20:00h: CONFERENCIA. Cathryn Teasley (Profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctida da UDC): O discurso racista no sistema educativo en Galicia: políticas de combate e deconstrucción.

XOVES 24 DE SETEMBRO: MIGRACIÓNS E COIDADOS.
16:00-18:00h: CONFERENCIA. Pendente de confirmar ponente. Cara unha reorganización dos coidados: ¿entre o público e o común?. O papel das migracións na globalización dos coidados.
18:00-20:00h: CONFERENCIA. Antía Pérez Caramés (Profesora de Socioloxía na Universidade da Coruña): Os coidados nas migracións. Proxectos migratorios, toma de decisións e xestión das responsabilidades de coidados.

VENRES 25 DE SETEMBRO: POLÍTICAS PÚBLICAS DE INTEGRACIÓN DE INMIGRANTES. CARA A ONDE IMOS?
16:00-18:00h. CONFERENCIA. Belén Fernández Suárez (Profesora contratada no Departamento de Socioloxía da UDC): Análise comparado de políticas de integración de inmigrantes nun goberno multinivel en España: leccións aprendidas.
18:00-20:00h. CONFERENCIA. Ponente pendiente de confirmar: Las políticas públicas de integración de inmigrantes: tendencias de futuro.
20:00h: Peche do Curso de Verán.

Dirección: Belén Fernández Suárez
Secretaría: Antía Pérez Caramés

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento remata o 15 de setembro de 2015. Pode facerse directamente en liña seguindo as intrucións detalladas nesta ligazón.

Máis información en:
Facultade de Socioloxía
Campus de Elviña s/n, A Coruña
Tel. 981 167 000 ext. 4817
881 014 817
belen.fernadez.suarez@udc.es