5 Xul, 18:00
- Entrada libre e de balde
'Poñer cousas en orde'= Jordi Cussó + Blaze
arte charla cinema proxecciónInauguramos a instalación interactiva de Jordi Cussó e proxectamos a súa curta Quan el cansament venç la bellesa. Despois, charla con Blaze.
Nesta sesión dobre presentaremos a instalación Sin título de Jordi Cussó e veremos a súa curtametraxe Quan el cansament venç la bellesa.
Licenciado en Comunicación Audiovisual, Jordi Cussó conta cunha variada traxectoria profesional que o levou a dirixir pezas audiovisuais como videoclips, anuncios publicitarios ou curtametraxes, entre outros traballos. Isto deulle a oportunidade de asistir a diferentes festivais internacionais.
Tamén se desenvolverá unha charla con responsables de Blaze, unha plataforma dixital sobre cultura con sede en Barcelona, que viu a luz en marzo de 2012. Nela dase cabida a infinidade de temas que, dentro da arte e o creativo, teñen un interese atemporal, escapando así do efémero e dos convencionalismos dentro do sector para xerar un espazo en liña onde proxectan todo aquilo no que cren.
