20 Xuñ, 18:30
- Entrada libre e de balde
'Poñer cousas en orde'= Mesa redonda + Ángel Souto
arte exposición mesa redondaMesa redonda cos artistas Luís Díaz, Rubén Ares, Ángel Souto, Eloi Gimeno, Jonay Pmatos e Susana Sanrómán sobre o proceso de creación ou produción de imaxes.
Os artistas Luís Díaz, Rubén Ares, Ángel Souto, Eloi Gimeno, Jonay Pmatos e Susana Sanrómán falarán sobre o proceso de creación das súas obras e, máis en concreto, das obras expostas en NORMAL. Logo haberá unha posta en común das diferentes aproximacións a este proceso, para dar lugar a unha charla aberta na que debater sobre este proceso como algo que inflúe definitivamente na obra final e incluso ás veces resulta ser a obra en si.
Pecharemos a xornada coa incorporación a Poñer cousas en orde da instalación Sin título, coa que Ángel Souto participa na mostra.
