1 Mar, 21:00

  • CUBO de NORMAL
  • Entrada libre e de balde
http://istoenormal.org/images/153.jpg
György Ligeti

Portrait: György Ligeti

ZOAR ofrece un percorrido pola vida deste xenial compositor húngaro a través da súa obra para quinteto de ventos e das súas incursións na música electrónica.

Este concerto xira ao redor da música de György Ligeti e, máis concretamente, da exploración que fixo, de forma pioneira no mundo, da electrónica aplicada á música e á imitación musical de sons artificiais ou mecánicos. O programa iníciase cunha interpretación completa e alternativa das once pezas que conforman a súa Música Ricercata, orixinal para piano. A continuación, gozaremos dunha das primeiras partituras visuais da historia para electrónica coa representación de Artikulation e, xa ao remate, volveremos á linguaxe musical interpretada para simular as texturas que Ligeti descubriu grazas á electrónica e que plasmou nas Dez pezas para quinteto de vento, a primeira das homenaxes aos pioneiros da música electrónica seria.

PROGRAMA:

Musica Ricercata (1951 – 1953) / Sechs Bagatellen (1953) – 27’

I. Sostenuto
II. Mesto, rigido e cerimoniale
III. Allegro con spirito
IV. Tempo di Valse (poco vivace – “à l’orgue de Barbarie”)
V. Rubato Lamentoso
VI. Allegro molto capriccioso
VII. Allegro grazioso
VIII. Presto ruvido
IX. Adagio. Mesto (Béla Bartók in memoriam)
X. Molto vivace. Capriccioso. Presto strepitoso
XI. Andante misurato e tranquilo (homenaxe a Girolamo Frescobaldi)

Artikulation (1958) – 4’

Video sincronizado coa partitura visual de Rainer Wehinger

Dez pezas para quinteto de vento (1968) – 12’

I. Molto sostenuto e calmo
II. Prestisimo minaccioso e burlesco
III. Lento
IV. Prestissimo leggero e virtuoso
V. Presto staccatissimo e leggero
VI. Presto staccatissimo e leggero
VII. Vivo energico
VIII. Allegro con delicatezza
IX. Sostenuto stridente
X. Presto bizzarro e rubato

ZOAR é un conxunto de cámara especializado no repertorio para instrumentos de vento, aberto a todas as súas posibilidades, comprometido coa nova creación, a experimentación e a interrelación con outras expresións artísticas. Este quinteto foi creado en setembro de 2009 por Álex Salgueiro, Joan Ibáñez, David Villa, Benxa Iglesias e Antonio Suárez, todos eles experimentados intérpretes de instrumentos de vento.