12 Maio 2016, 18:00

http://istoenormal.org/images/568.jpg

Preestrea de LA VIDA DE LAS TORMENTAS

O equipo de La vida de las tormentas culmina a súa residencia en NORMAL cunha preestrea da obra na sala de exposicións.

La vida de las tormentas móvese entre as emocións, que en ocasións poden ser moi intensas e teñen case sempre un carácter episódico e pasaxeiro, como soen telo a maior parte de feitos que incesantemente configuran a nosa existencia.

A obra reúne diferentes universos que aparecen e desaparecen segundo as nosas emocións. Estes universos ábrense a través de portas imaxinarias, atravesando a loucura e enfrentándonos aos retos que estas nos propoñen.

La vida de las tormentas é unha obra teatral e performance con videoarte, música experimental en vivo e mesmo artes circenses. Esta inspirada no Eloxio da loucura de Erasmo de Rotterdam, en Wings of Desire de Wim Wenders e nas emocións-estados de outras persoas que os autores fan súas, dándolles vida propia.

Davinia Rico aporta a idea e a interpretación, Alba Farta e Paula Fraile a arte visual, mentres que Moncho Varela e Roberto Casteleiro son os responsables das atmósferas sonoras.

A entrada é libre até completar a capacidade da sala.