1 Xuño 2012, 18:56

http://istoenormal.org/images/226.jpg

Presentación ante a prensa da nova exposición de NORMAL

A actividade, que leva como título “Poñer cousas en orde”, permanecerá aberta entre o 11 de xuño e o 20 de xullo.

A vicerreitora de Estudantes, Deportes e Cultura, María José Martínez, presentará o vindeiro luns 4 de xuño en rolda de prensa a nova exposición de Normal, nun acto que terá lugar no espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña, en Riazor, ás 11:30 horas. Estarán o coordinador de NORMAL, Luís Caparrós, e os comisarios da mostra, Dani Bembibre e María América.

A exposición contará coa participación de máis de 25 artistas, entre arquitectos, fotógrafos, deseñadores, músicos, etc. A orixe do proxecto é o manifesto visual Put Things in Order desenvolvido polo deseñador Dani Bembibre xunto a América Díaz, entre Helsinki e Barcelona no ano 2006.