7 Marzo 2012, 17:38

http://istoenormal.org/images/162.jpg

Presentación ante a prensa de NÓSOMOSÒN

A vicerreitora de Estudantes, Deportes e Cultura, María José Martínez, e Luís Caparrós, coordinador de programación de NORMAL, presentarán en rolda de prensa mañá xoves, 8 de marzo, ás 11:00 horas, a próxima exposición de Normal.

A presentación terá lugar na propia sala de exposicións no campus de Riazor, coincidindo co inicio da montaxe das instalacións que se abrirá ao público o vindeiro día 12, polo que parte dos artistas que alí amosarán as súas pezas estarán en pleno proceso de intervención.

Nósomosòn é unha innovadora mostra que se podería enmarcar dentro da arte sonora ou escultura con son. Os artistas que participan neste proxecto son Berio Molina, Chiu Longina, Igmig, Isaac Cordal, Luis Costa, Manuela Barile, MDME, Aquófono e Servando Barreiro.