16 Xaneiro 2015, 19:00

http://istoenormal.org/images/521.jpg

Presentación de 'Celebración', de Gonzalo Hermo

A xira de presentación do novo poemario de Gonzalo Hermo pasa pola sala circular de NORMAL, nun acto aberto ao público.

Celebración, de Gonzalo Hermo, está editado pola editora coruñesa Apiario, dentro da colección Cera labrada.

Durante o acto, o autor estará acompañado por Estíbaliz Espinosa e Claudio Pato. En representación de Apiario, asistirá Antía Otero.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.