16 Marzo 2011, 20:00

http://istoenormal.org/images/22.jpg

Proxección das curtametraxes de vangarda

Tríptico Elemental de España, (Aguaespejo granadino, Fuego en Castilla, Acariño Galaico) de José Val del Omar (1953-1995).

Proxección das tres curtametraxes de vangarda que compoñen a parte fundamental da obra cinematográfica de José Val del Omar (Granada 1904-Madrid 1982). Inventor, fotógrafo das Misións Pedagóxicas da Segunda República e cineasta, é probablemente o cineasta de vangarda máis importante da historia do cinema español xunto a Luis Buñuel, malia ser case un descoñecido para o público. Foi camarada de Lorca, Cernuda ou Zambrano e outros nomes imprescindibles da Xeración do 27. Dotado dun talento artístico e tecnolóxico extraordinario, as súas curtas misturan una potencia poética inusitada, que funde elementos da cultura tradicional con elementos das vangardas históricas, como o surrealismo, con achados tecnolóxicos como o son diáfonico ou a “táctil-visión”, que converten a súa obra en, como sinalou Amos Vogel, no seu libro Film as subversive art, Un dos grandes traballos ignorados do cinema mundial. O seu traballo nas diferentes disciplinas, ven de ser recentemente celebrado pola ampla exposición do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía

día mércores
lugar Cubo NORMAL

Máis info