27 Abril 2012, 20:00

http://istoenormal.org/images/176.jpg

Proxección de 'Flamenco en Red': Ana Morales

Nova proxección audiovisual para o alumnado do curso semipresencial ‘Flamenco en Red’, na que se ofrecerá o espectáculo De sandalia a tacón, da bailaora Ana Morales e a súa compañía.

Ana Morales nace e inicia a súa paixón polo baile flamenco en Barcelona. Axiña se traslada a Sevilla, onde coincide con mestres da talla de Rafael Campallo, Alejandro Granados, Eva ‘La Hierbabuena’, Isabel Bayón ou Andrés Marín, antes de debutar na Maestranza con Puntales. Forma parte da Compañía Andaluza de Danza. O seu espectáculo máis recente é De sandalia a tacón.

Flamenco en Red é un curso de 50 horas de carácter semipresencial organizado polas universidades andaluzas, ao que se adheriu a Universidade da Coruña na presente edición. Consiste nun paquete formativo en liña que só require da presenza física do alumnado en cinco proxeccións. O seu obxectivo é afondar no coñecemento e difusión do flamenco.