30 Marzo 2012, 20:00

  • CUBO de NORMAL
http://istoenormal.org/images/167.jpg

Proxección de 'Flamenco en Red': Miguel Ángel Cortés

Nova xornada de proxección audiovisual para o alumnado do curso semipresencial ‘Flamenco en Red’, na que se ofrecerá un concerto do guitarrista Miguel Ángel Cortés.

O guitarrista granadino Miguel Ángel Cortés é un dos intérpretes máis importantes do flamenco nas últimas décadas. Colaborador habitual de grandes mestres do cante como Enrique Morente, Carmen Linares ou Luis Heredia ‘El Polaco’, tamén é protagonista dunha exitosa carreira en solitario.

Flamenco en Red é un curso de 50 horas de carácter semipresencial organizado polas universidades andaluzas, ao que se adheriu a Universidade da Coruña na presente edición. Consiste nun paquete formativo en liña que só require da presenza física do alumnado en cinco proxeccións. O seu obxectivo é afondar no coñecemento e difusión do flamenco.