6 Abril 2017, 20:30

http://istoenormal.org/images/606.jpg

¿Quién eres?, ¿De dónde vienes?, ¿A dónde vas?

AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE BURGOS
NORMAL. ESPAZO DE INTERVENCIÓN CULTURAL

SINOPSE

Forma e fondo forman parte do noso ADN como proxecto de Aula no medio universitario. A forma utilizada para emprender cada proxecto escénico e o fondo dramatúrxico son a esencia do teatro. A posibilidade de entrar nun sen fin de mundos, reais ou imaxinados; de recrear unha infinidade de situacións que nos enfronten coas nosas ilusións, os nosos medos, as nosas fantasías. O conflito do ser humano en todas as súas variantes está servido no novo reto que propoñemos en ¿Quién eres? ¿De dónde vienes? ¿A dónde vas?.

¿Quen somos en realidade? ¿Somos como nos ven os demais, como cremos que somos? Tamén somos o que ocultamos, o que se esconde detrás dalgunha porta. Esta idea levounos a traballar con distintos textos dramáticos breves, que vistos en conxunto fannos reflexionar sobre a nosa condición humana.

Sobre a nosa vida pública e privada, mostrándonos un fresco da sociedade actual na que desenvolvemos a nosa existencia. A vida representada das persoas enfrontada á da súa realidade íntima.

Como proposta escénica acudimos ao teatro circular. Os espectadores rodean a acción, sentados, formando un espazo que case podería ser un cuadrilátero. Outro elemento imprescindible é a cercanía. O límite da acción son os propios espectadores. Espectadores que por outra banda están enfrontados entre eles ao rodearen a acción, facendo de fondo da representación, quedando tamén ao descuberto a súa presenza, expostas as súas reaccións fronte á ficción. Dese xeito, espectadores e actores oficiantes do rito da escenificación quedan vencellados, realidade e ficción, o público e o privado mistúranse.

FICHA ARTÍSTICA

DRAMATURXIA e DIRECCIÓN: Juan Luis Sáez.

REPARTO: John Halnan, Carla Martín, Alicia de la Peña, Iván Manrique, Xiomara Puertas y Daniel García.

ESCENOGRAFÍA: Taller del Aula de Teatro de la UBU.

TÉCNICO DE LUZ E SON: José A. Pereda (Bisby).