1 Setembro 2014, 07:11

http://istoenormal.org/images/444.jpg

Recta final de LOST & FOUND. ARQUIVOS (RE)COLECTADOS

A exposición encara os seus últimos días de presenza na sala de NORMAL.

Despois de máis de tres meses de actividade plena, LOST & FOUND. ARQUIVOS (RE)COLECTADOS afronta os seus últimos días á disposición do público no Espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña.

O ciclo da actividade pecharase o vindeiro 11 de setembro, ás 21 horas, cunha performance de cinema expandido a cargo de Ana Domínguez e Ángel Rueda, do colectivo eSe8. A entrada de público é libre, até completar o aforo.