22 Maio 2012, 09:57

http://istoenormal.org/images/137.jpg

Recta final do FITEUC 2012

O 19º FITEUC entra na súa recta final, con actuacións no Fórum Metropolitano da Coruña e no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol.

O Fórum acolle as funcións o 21, 22, 23 e 30 de maio dos grupos da Universidade da Beira Interior, de Santiago de Compostela, de Ourense e de Ferrol, respectivamente.

Ao mesmo tempo, a Capela do Torrente Ballester vivirá o día 23 a estrea de Fanfarra, a cargo de TUF (Teatro Universitario Ferrol). Trátase dunha creación colectiva arredor do mundo de Emir Kusturica dirixida por Gonçalo Guerreiro.