11 Abril 2012, 11:42

http://istoenormal.org/images/183.jpg

Residencia artística de La Macana

A compañía La Macana renova a residencia artística en NORMAL, desta volta para perfilar a fase final do seu novo proxecto NO TITLE YET.

NO TITLE YET é un proxecto que nace da inquietude por descobrer novas formas de relación co espazo e o movemento. Naceu da aposta de Carolyn Carlson polo traballo da compañía, cun convite para unha residencia no Centro Coreográfico que ela mesma dirixe en Roubaix-Nord Pas de Calais durante un periodo dun mes. Nesta obra colaboran Claudia Faci, en calidade de dramaturxista, e o artista plástico francés Vladimir Cruells.

La Macana é unha compañía residente en Galicia. Foi formada no ano 2009 polos creadores e intérpretes Caterina Varela e Alexis Fernández. Con presenza activa nos circuítos profesionais, compaxinan o labor creativo co pedagóxico.