8 Marzo 2012, 11:34

http://istoenormal.org/images/163.jpg

Residencia artística de SóLODOS

A compañía de danza contemporánea SóLODOS abre un novo período de residencia de creación artística en NORMAL. Durante todo o mes de marzo, e antes de viaxar a Costa Rica, ensaiarán aquí o seu novo proxecto.

A compañía de danza SóLODOS comeza a súa andaina artística en 2010 coa estrea en maio do espectáculo SóLODOS, pequeños relatos bailados, no Teatro Jofre de Ferrol.

Esta compañía de danza, con sede en Galicia e Costa Rica, está dirixida pola coreógrafa galega Maruxa Salas e o coreógrafo costarriqueño Erick Jiménez. Encárgase da produción Víctor López Carbajales. A empresa Neodans SC, de Maruxa Salas e Erick Jiménez, é a que lle dá soporte á compañía.